Seleccionar página

panadería darío

Filosofía

desde 1986

A nosa historia

Cada un dos nosos bolicos de pan garda os sabores dos seus ingredientes fundamentais: infinita paciencia, inesgotable esforzo, moito agarimo e unha admiración sincera polas nosas orixes. 

Non imaxinaba Darío, con tan só 14 anos, cando percorría as rúas de Taboada, repartindo o pan na bicicleta, que lograría soster no tempo un negocio que hoxe é o ADN da familia. 

O 1 de agosto de 1986, Elia e Darío escribiron a primeira liña desta historia, alugando o mesmo obrador no que anos atrás traballara él como aprendiz. Á volta de cinco anos inauguraron a súa propia panadería para poder satisfacer así a demanda dunha clientela á que sempre lle agradeceremos a súa fidelidade. Coa complicidade de todo bo equipo, Elia puxo a súa firma persoal  especializándose nos doces, e pasiño a pasiño, as súas sobremesas pasaron a formar parte da gastronomía galega. A tarta de améndoas, o roscón artesán… todo feito con produtos naturais. 

Co paso dos anos o negocio foi medrando e Panadería Darío establécese tamén en Lugo cidade, onde na actualidade conta con tres despachos.  Xa no 2015 e con milleiros de empanadas as súas costas, Darío pasa ós fillos o seu legado e a responsabilidade de seguir encarando o futuro con novos retos, pero sempre respectando os productos artesáns e os sinais de identidade que o avalan.

ingredentes de calidade

 

Receitas tradicionais

Produtos artesáns

 

Horario obrador

 Luns a sábado:

09:00 a 14:30

17:30 a 20:30

Domingo:

09:00 a 14:00

Contacto

Panadería Darío

R/ Nova, 2 27550 – Taboada (Lugo)

982 46 50 57

As nosas redes sociais